jueves, 28 de septiembre de 2023

OUTONO E POESÍA

 Esta semana demos por iniciado o Outono de forma oficial. E para isto fixemos diferentes actividades relacionadas con esta estación. Linlles unhas poesías e eles tiñan que dramatizalas cos obxectos que lles deixei. Eran moi sinxelas ("Historia de una castaña", "Historia de una nuez" e "Historia de una avellana"), gustoulles moito, e penso que a preferida foi a da castaña porque se subía encima dunha araña (ó principio algún tiña medo, por se era de verdade...). Isto axúdalles á comprensión oral e tamén á adquisición de novo vocabulario. Ao longo do curso xa iredes vendo tamén que a poesía e a literatura están moi presentes na nosa aula.

Tamén pintamos as cores do outono, un día con rollos de papel hixiénico e outro día con espuma (ingredientes: témpera e espuma de afeitar). Pasámolo moi ben!

E hoxe levei uns froitos secos de outono e tiñan que clasificalos nos diferentes botes (sempre con supervisión). Pensei que non ía ter tanto éxito, pero gustoulles moito.

Por último, fixemos un recunchiño novo no que tiñan que colocar as pezas do puzle na silueta correspondente. Como vedes, hai moitas formas de que centren a atención, e o xogo é un xeito moi válido!

Aquí vos deixo un resumo da nosa semana!