lunes, 26 de febrero de 2024

SEGUIMOS DE CELEBRACIÓNS

 Os últimos días estiveron marcados por varias celebracións,

 Nas seguintes fotos podedes observarnos nestas dúas destas datas sinaladas: por unha banda o fin do Entroido coa queima do meco e por outra parte o día do amor e da amizada.


 

E o venres 23 de febreiro foi a outra data importante, concretamente o día de Rosalía de Castro. Non sabemos moi ben como, pero cando chegamos ese día ao colexio, Mouchín tiña unha rosa cunha folla que nos mandaba visitar o seguinte enlace do blog da biblioteca (no que puidemos coñecer información sobre Rosalía).
 

Xuntámonos cos nosos e nosas compañeiros e compañeiras de 4º de Infantil B e visitamos a exposición sobre Rosalía do colexio, onde plantamos as rosas. 
 


 
Á volta, na nosa clase, escoitamos a poesía de Rosalía que estamos a preparar para recitar xuntos o día da poesía.
"EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO"


viernes, 23 de febrero de 2024

ANIVERSARIO DE MARIO E MÁIS!

 Esta semana celebramos o aniversario de Mario, que ao igual que Noa xa ten 4 aniños!

Ademais, como o 14 de febreiro nos coincidiu nas vacacións, esta semana fixemos unha actividade centrada no día do amor ou a amistade. Sopramos para que saíran corazóns e falamos un pouco desta data incidindo na importancia de xogar xuntos e levarnos ben ou usar as mans para agarrar o paraugas e non para pelexar, como dixeron na asemblea. Preparamos unhas pinzas con forma de corazón e cos números ata o 10 para que os ordenaran. E para esta data o conto escollido foi O libro das apertas.

Tamén cambiamos algúns espazos da aula e disfrutaron co xogo Magnetic shapes, que nos serve para coñecer as figuras xeométricas, traballar a atención ou a concentración.

Tiña na clase unhas plantillas de madeira que xa usaran os nenos/as do grupo anterior e esta semana deixellas, non imaxinaba que ían ter tanto éxito! Encantoulles e debuxaron moitas cousiñas! 

E hoxe, xa entramos no cole escoitando música porque tamén estamos de celebración...é o día de Rosalía! Ao entrar na aula descubrimos unha flor (que nos deixou Güino) e levámola ao corredor para homenaxear á escritora. Ademais Güino deixounos un encargo para que o día da poesía recitemos un cachiño dun poema de Rosalía! Xa estivemos practicando!

E por último, déixovos unhas fotiños da semana pasada que non fixen entrada (da queima do Entroido e dos disfraces).