viernes, 24 de noviembre de 2023

CELEBRANDO O 25N

Esta semana estivemos traballando moito sobre o Día Internacional contra a violencia. Lemos o conto de Maruxa (unha muller valente que decidiu que era unha boa idea repartir as tarefas co seu marido Pepiño). No conto facían o pan, e por iso nós tamén nos puxemos mans á masa!!! Foi unha das actividades que máis lles gustou da semana! E ademais, lemos o conto cos personaxes ilustrados en pedriñas. Despois puideron manipulalas e "contalo" eles (xa vedes que hai miles de formatos para animar e motivar a lectura). Ademais deste libro, tamén gozamos de outras lecturas, tales como Nos tratamos bien, Vivan las uñas de colores e Palabras con corazón (porque non só é importante non pegarnos, senón tamén dicirnos cousas bonitas para facernos sentir mellor).

Tamén fixemos uns colgantes con pasta de sal e cada neno/a escolleu un compi para regalarllo.

Ao longo da semana falamos moito sobre o tema e pensamos en todas as cousas que podemos facer coas nosas mans. Saíron algunhas ideas que recollín nun folio e fixemos unha composición moi bonita (pintamos con témpera, sacamos fotos das nosas mans e pegamos co pegamento).

E hoxe, saímos ao peirao para facer unha cadea humana en contra da violencia e unirnos a un camiño "cheo de vida", coa canción de Guadi Galego.

Por último, houbo algúns nenos/as que se decidiron a coller as fotos cos nomes dos compis e ir asociando. Imos pouco a pouco, acertando e tamén cometendo erros, que tamén serven para seguir aprendendo!