jueves, 21 de diciembre de 2023

Bo Nadal!

Con esta foto de grupo despedimos o primeiro trimestre! 

Espero que pasedes unhas Felices Festas! 

Moitas grazas pola vosa colaboración, hoxe e sempre. Foi unha mañá moi especial! 

BO NADAL! 





viernes, 15 de diciembre de 2023

NADAL E MÁIS!

 Esta semana estivemos facendo cousiñas de Nadal! Uns faroliños nos que traballaron moito, botando a cola branca e pegando os papeliños e un adorno para a árbore que tedes nas vosas casas. Failles moitísima ilusión levar as súas manualidades para ensinarvos! Tamén estivemos facendo a portada dos traballiños que levarán para a casa o último día (pintaron con plástico de burbulla e tamén lles gustou moito).

E con Uxía celebramos o último aniversario deste ano! Así que xa todos e todas temos 3 aniños!

Por último, déixovos unhas fotos da actividade de Robótica, que fan os martes coa profe Inés!