jueves, 16 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS, FAMILIA E MÁIS



 Esta semana estivo repleta de actividades! Primeiro escollemos a nosa palabra preferida en galego, tendo en conta que o venres se celebra o Día das Letras Galegas, e seguindo esta liña, participamos, con toda a escola, na xincana que se levou a cabo durante toda a semana, para descubrir o nome de Luísa Villalta.

O Día da Familia tamén nos tivo moi motivados, pensando no significado que ten para nós a familia. Saíron ideas ben bonitas tendo en conta o pequeniños que son! Podedes velas no mural que está colocado na entrada do cole. As lecturas destes días foron: Familiando, Familias llenas de amor, Un puñado de botones e Con Tango son tres.

Cambiamos algún recunchiño, e colocamos un novo xogo Color Forms, no que traballamos as formas e os tamaños. Ademais, descubrimos que coas pezas tamén podemos facer números e letras!!! Está gustándolles moito. E por outro lado, deixeilles unhas tarxetas para que poidan facer debuxo seguindo as instruccións.

Por último, onte tróuxenlles unha sorpresa (que, ao igual que me pasa a min, non a todos lles gustou). Os vermiños de seda!!!!! Debo dicir que os trataron con moito coidado!