domingo, 24 de marzo de 2024

FIN DE TRIMESTRE CON SORPRESA

 O venres, despois duns días sen poder vir á escola, Leo visitounos para vir a buscar os seus traballiños, viña acompañada da súa familia e tivemos a sorte de que pasaron a presentarnos ao seu irmanciño, que só tiña 3 días. 

Moitas grazas a Leo e á súa familia por deixarnos participar destes primeiros momentos con vós. 


Pero nos últimos días tamén realizamos diferentes actividades, algunhas das que máis nos gustaron podédelas observar nas seguintes fotos: como creamos as portadas dos nosos libros do trimestre realizando liñas horizontais con pincel e pintura de cores fríos (o que máis nos motivou foi empregar unha bandexa de forno para a súa realización);  o emprego da caixiña de números e pompóns e a celebración do "Día da Poesía" (21 de marzo) na que recitamos a poesía de Rosalía de Castro " Eu ben vin estar o moucho" cos nosos compañeiros e compañeiras de 4º de Infantil B.







E por último, o día 20 comezou a primavera, deixamos por aquí a canción de "Kokiti" que escoitamos na nosa clase.



Felices vacacións!

viernes, 22 de marzo de 2024

FINAL DE TRIMESTRE!

 Déixovos as fotiños das últimas actividades do trimestre. Temos un novo recunchiño de arte que lles gusta moito porque poden facer moitas cousas, pintar, recortar, pegar, troquelar...están encantados/as!

Transformamos a caixiña de Tiger, a dos números, e estes días usámola para lembrar os nomes dos nosos compis. Aínda hai algún que nos custa un pouquiño, pero fixérono moi ben!

E onte, celebramos o día da poesía cun poema de Rosalía moi bonito (se lles preguntades, sábeno moi ben). Xuntámonos no patio de Primaria para recitalo e fixérono xenial (foi unha pena porque non se escoitaba moi ben).

E por último, déixovos unhas fotos que lles fixen estes días xogando na aula. A evolución á hora de xogar e de relacionarse neste trimestre é moi positiva e tamén moi bonita. Agardo que sigan así!

Desexo que pasedes unhas Felices Vacacións!