martes, 30 de abril de 2024

MAIOS E MÁIS

 Hoxe celebramos "OS MAIOS.

 Unha parte da celebración consistía na creación de tres maios para todo o centro. A nosa clase, acompañados de 4º de infantil B creamos unha grilanda de laranxas e limóns que formou parte da base do maio de infantil, pero non o fixemos sós, tivemos aos mellores axudantes, ás nosas familias.

Despois aproveitamos parte das flores que sobraban e decoramos as letras da palabra MAIOS. 

Podedes observar algunhas fotos na seguinte presentación.


OS MAIOS de laprofelorena

 Moitas grazas familias pola axuda.  

 

Nesta entrada tamén vos ensinamos algunhas das actividades da semana pasada, relacionadas co "Día do Libro"

Primeiro, a nosa primeira saída, á Biblioteca Municipal, onde creamos unha historia coa axuda de Natalia, a bibliotecaria.

EXCURSIÓN BIBLIOTECA MUNICIPAL de laprofelorena

 

A profe María José realizounos un teatro de sombras do conto "El fantasma de las bragas rotas".



E por último, unha actividade organizada pola biblioteca, os apadriñamentos lectores, que consistía en que nenos e nenas maiores lían contos aos máis pequenos.


viernes, 26 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO

Esta semana estivo centrada na celebración do Día do Libro! Algunhas actividades foron moi emocionantes, xa que tivemos a nosa primeira excursión! Na Biblioteca Municipal escoitamos un conto e buscamos os personaxes para crear outro entre todos/as, e Natalia, a bibliotecaria, comprometeuse a traérnolo cando o teña rematado.

Güino deixounos tamén un encarguiño, que consistiu en buscar un libro que nos gustara e facer unha "Cara libro" con todos os compis da clase. O conto que escollemos foi La vida secreta de los mocos. Despois farase unha exposición na biblioteca da escola. E a raíz desta idea, na aula buscamos os nosos libros preferidos e fixemos unhas portadas personalizadas (fíxonos moita ilusión chegar hoxe e velas expostos no corcho da aula!).

Co conto El fantasma de las bragas rotas, fixemos un teatro de sombras. Xuntámonos as dúas clases de 3 anos e disfrutamos moito! Estiveron moi atentos!

Hoxe, para rematar a semana do Libro, leváronse a cabo os apadriñamentos lectores, que consiste en que os nenos maiores lles len contos aos pequenos.

E aínda con tanta actividade, deunos tempo de ir un ratiño ao pavillón a ver as eumeolimpiadas!

Mirade cantas cousiñas!




































































martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Hoxe, 23 de abril, celébrase o "Día Internacional do Libro". Dende bibliocouceiro programáronse unha serie de actividades a nivel de centro durante toda a semana, unha destas actividades é a creación de "bookface" que poderemos observar nos próximos días en http://bibliocouceiro.blogspot.com/. Para a nosa participación escollemos o conto "Alejo, el cangrejo" (escrito por Alicia Acosta e ilustrado por Poly Bernatene) e aproveitando a ocasión sacamos algunha fotiño máis na que si amosamos as nosas caras e fixemos esta pequena presentación sobre o libro.

DÍA DO LIBRO de laprofelorena

Pera ademais da celebración do día do libro, estes días convertémonos en pintores e creamos uns cadros de campos de flores.


Decoramos o corredor de infantil cuns barquiños de vela que creamos na clase.



E para rematar esta entrada no blog, estas dúas fotos do venres pasado, de como de maneira improvisada (cando, como todos os venres, os maiores viñan a lernos un conto na hora de ler), aproveitamos o bo tempo e as dúas clases de 4º de infantil xuntas, escoitamos un conto lido polas nosas compañeiras de 6º de primaria. 

Grazas ás dúas Noas.