martes, 30 de enero de 2024

PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o "Día Internacional de Non á Violencia e a Paz", a nosa clase participou en dúas actividades do centro para a súa celebración: por unha parte na decoración con bolboretas a entrada ao colexio formando o símbolo da "paz-aros olímpicos" (explicación que podedes observar premendo neste enlace) e por outra banda na realización dunhas "Mini Olimpíadas pola Paz". 

Nas seguinte fotos podedes observar o resultado do noso traballo e tamén o que gozamos desta celebración.

 


Tamén visualizamos o conto "El libro de la Paz" no que aparecen un montón de cousas, de situacións e de feitos que son "PAZ".

 

 

Aínda que estes últimos días a Paz estivo moi presente, na nosa clase tamén realizamos outras actividades, a continuación podedes observar algunhas fotos das que máis lles motivaron, como foron a creación de bonecos de neve, a imitación con auga e pincel a partir dun modelo e a inserción de boliñas nunha folerpa. 



viernes, 26 de enero de 2024

INVERNO!

Esta semana estivemos facendo varias actividades relacionadas co inverno. Noa levaba xa varios días pedindo facer un boneco de neve, así que buscamos un ben bonito e pintámolo cunha esponxa de baño, puxémoslle olliños, nariz e boca e tamén uns botóns a modo de estrela. O resultado encantounos!

Tamén fixemos neve con dous ingredientes moi sinxelos: bicarbonato, auga... e a disfrutar. Penso que esta foi das súas actividades preferidas esta semana.

Temos un novo puzle co que xogar (e cada vez engadimos máis pezas!) e gozamos co xogo Memo Muu, que consistía en buscar o animal e asocialo co son que emite, traballamos así discriminación auditiva e vocabulario, pero sobre todo, pasámolo ben!

E pouco a pouco, entre todo o cole imos completando os símbolos para o día da Paz. Fomos á sala de mestres e colocamos as bolboretas que decoramos na aula. Esta é unha das actividades que levamos a cabo con motivo desta conmemoración, e coa que continuaremos a próxima semana.

Por último, empezamos  a recoñecer os sons das vogais e a asociar algúns obxectos coa letra pola que empezan. Este é un traballo que vai moi pouco a pouco, primeiro entre dúas letras e despois iremos engadindo máis (pero por agora só as vogais).

Ollade que semana tan activa!