viernes, 26 de enero de 2024

INVERNO!

Esta semana estivemos facendo varias actividades relacionadas co inverno. Noa levaba xa varios días pedindo facer un boneco de neve, así que buscamos un ben bonito e pintámolo cunha esponxa de baño, puxémoslle olliños, nariz e boca e tamén uns botóns a modo de estrela. O resultado encantounos!

Tamén fixemos neve con dous ingredientes moi sinxelos: bicarbonato, auga... e a disfrutar. Penso que esta foi das súas actividades preferidas esta semana.

Temos un novo puzle co que xogar (e cada vez engadimos máis pezas!) e gozamos co xogo Memo Muu, que consistía en buscar o animal e asocialo co son que emite, traballamos así discriminación auditiva e vocabulario, pero sobre todo, pasámolo ben!

E pouco a pouco, entre todo o cole imos completando os símbolos para o día da Paz. Fomos á sala de mestres e colocamos as bolboretas que decoramos na aula. Esta é unha das actividades que levamos a cabo con motivo desta conmemoración, e coa que continuaremos a próxima semana.

Por último, empezamos  a recoñecer os sons das vogais e a asociar algúns obxectos coa letra pola que empezan. Este é un traballo que vai moi pouco a pouco, primeiro entre dúas letras e despois iremos engadindo máis (pero por agora só as vogais).

Ollade que semana tan activa!



















































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario