martes, 23 de enero de 2024

PANTALÓN, BOTAS E A XOGAR!

A semana pasada estreamos os pantalóns e as botas de auga para poder facer uso de todos os patios do centros a pesar da continua choiva. 

Ademais de permitirnos xogar, sírvenos para converternos cada vez en máis autónomos, practicando a vestirnos e calzarnos e como podedes observar nas fotos a tender unha vez quitamos as prendas. Agora precisamos algo de axuda pero pouco a pouco iremos avanzando.



Nas seguintes fotos tamén podedes observar algunhas das actividades sobre o inverno que realizamos os últimos días. Con maxia incluída.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario