viernes, 31 de mayo de 2024

ANIVERSARIO MIGUEL E MÁIS

Esta semana tivemos o aniversario de Miguel, que mañá cumple 4 aniños! Parabéns, Miguel!

Atopamos unha receita nova de plasti e puxémonos mans á obra. Disfrutamos moito e sobre todo, fíxonos moita ilusión levala para a casa!
Cambiamos algún recunchiño, neste caso temos un xogo novo, Logic City, que ten diferentes niveis e deben reproducir as construccións que aparecen nas tarxetas.
E a pesar de que estamos a final de curso, estade moi atentos/as, que aínda nos quedan moitas actividades divertidas!

*Receita plastilina: mesturamos auga con papel pinocho e engadimos fariña e sal.

























































miércoles, 29 de mayo de 2024

VISITA DE OLIVIA E MÁIS

 A semana pasada tivemos outra visita moi especial, esta vez coñecemos a Olivia, a irma de Eloi, que viu acompañada da súa nai. Comprobamos como con 10 mesiños esta peque xa quere descubrir moito do noso cole. Encantounos a visita.

Moitas grazas familia.

 


Unha actividade que realizamos que nos motivou moitísimo, foi a creación dunhas pulseiras, que levamos para a casa. O que supuxo que traballaramos a motricidade fina e a coordinación, parecía sinxela a súa creación, pero non resultou tan doado. 

Durante as últimas semanas tamén cambiamos algúns recunchos da nosa clase, nas seguintes fotos pódense observar algúns deles.



E para rematar a entrada, unhas das actividades que máis nos gustou, convertémonos en artistas e  creamos un "campo de flores" que realizamos seguindo as indicacións do libro "Diviértete, talleres de arte con Hervé Tullet". Ao final da presentación podedes observar un vídeo do concentrados que estaban realizándoo.


CAMPO DE FLORES de laprofelorena