viernes, 15 de septiembre de 2023

PRIMEIROS DÍAS E PRIMEIRAS VECES

 Quería darvos a benvida a este blog, que será unha pequena fiestra onde poderedes ver o día a día dos vosos pequenos e pequenas.  Desde aquí compartiremos con vós todas as nosas experiencias, xogos, aprendizaxes...

Esta primeira semana de adaptación foi moi bonita, houbo máis sorrisos que bágoas (o cal me alegra moito, e imaxino que a vós como pais e nais tamén).

Descubrimos os espazos da aula e engadimos novos xogos ao longo da semana. Atopamos a nosa foto nas mesas e agora xa temos o noso sitio para facer os traballiños. Onte xa estreamos os nosos pinceis novos e hoxe pegamos pegatinas. Gustounos moito! E como estes dous últimos días xa quedamos máis tempo, merendamos todos xuntos/as e saímos ao patio. Foi unha semana chea de novidades e de primeiras veces. Agardo que os próximos días sexan igual de emocionantes e que veñan cargados de bos momentos.

Ollade o ben que o pasamos!

Pd: graciñas familias pola vosa disposición e confianza, e grazas tamén á profe Sonia, que nos acompañou na aula e axudou moito para que todo fora ben. 




























































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario