viernes, 3 de noviembre de 2023

MÁIS SAMAÍN!

 Esta semana seguimos celebrando o Samaín. O martes viñemos cuns disfraces terroríficos!(que guapos/as estabamos!!!) e trouxemos as nosas cabaciñas. A media mañá fomos a visitar a exposición de cabazas, que elaboraron todos os nenos/as da escola. E para rematar o día, levamos as nosas lanternas á aula de psicomotricidade para gozar das Lecturas ás escuras! (Moitas grazas familias pola vosa colaboración).

Ademais, para finalizar xa coa nosa festa de Samaín, xogamos coa ruleta, un material que nos vai servir para facer moitas máis actividades. Neste caso tiñan que atopar os obxectos que lles tocaba na ruleta (e que traían debuxos con vocabulario propio destas datas). Gustoulles moito!

E por último, hoxe empezou a ir para a casa do noso grupo a mochila viaxeira que nos deixou Güino, a mascota da biblioteca. Son lecturas para disfrutar en familia. Hoxe tocoulle a Mateo (irá por orde de lista).

























































No hay comentarios:

Publicar un comentario