viernes, 1 de diciembre de 2023

ANIVERSARIO DE MATEO!

 Esta semana xa empezamos a estar nerviosos porque se achega o Nadal! 

O noso compi Mateo xa cumpriu 3 aniños e fixemos unhas fotos para celebralo. Ademais tamén levou o seu detalliño.

Nos recunchiños puidemos escribir o noso nome ou o dos compañeiros/as a través dunhas tarxetas plastificadas, co cal poden repetir as veces que necesiten. É unha actividade que lles axuda a recoñecer as letras do nome, pero tamén lles axuda a traballar a motricidade fina, ir mellorando á hora de coller o lápis, a concentración ou o control de impulsos.

Preparamos un espazo no que poden picar co punzón, que ao igual que o recunchiño das tesoiras, tivo moito éxito!! Favorece a mellora das habilidades motrices e a forza na man.

Tamén novos xogos cos que disfrutar e compartir, como o tren, e novos puzles con máis pezas, que van completando cun pouquiño de axuda. A primeira vez cústalles un pouquiño, pero despois xa se converten en verdadeiros expertos/as.

E hoxe veu a contarnos un conto Sophia, a prima do noso compi Alejandro. Fíxolles moita ilusión aos dous!!!





































































No hay comentarios:

Publicar un comentario