viernes, 2 de febrero de 2024

SEMANA DA PAZ

Esta semana seguimos coas actividades do Día da Paz. Os profes de Educación Física prepararon unhas Olimpíadas pola Paz, así que fomos ó pavillón e pasámolo xenial! E como o fixemos moi moi ben, ata nos deron un diploma.

Na clase tamén fixemos unhas pombas da paz que decoran xa o noso corcho e quedáronnos preciosas.

Cambiamos un recunchiño para incluir un xogo de mesa moi divertido, Catch it, co que ademais de divertirnos moito, traballamos a discriminación e a velocidade visual, a atención ou a memoria. Debían tirar os 3 dados e atopar a combinación animal, vestido e cor.

E por último, fomos visitar ao esqueleto Manolo, que hoxe informounos do primeiro mandadiño da semana que vén!!! 


































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario