viernes, 1 de marzo de 2024

ANIVERSARIO ALEJANDRO

Esta semana Alejandro estivo de aniversario, e xa son tres compis os que teñen 4 aniños! Parabéns, Alejandro!

Ademais, estivemos moi entretidos facendo a grafía dos números na area (podían facelo cos dedos ou cunha palliña a modo de lápis). Tamén os practicamos no encerado e nalgún traballiño. Gustoulles moito esta actividade!

E seguimos traballando o conteo e o recoñecemento da grafía a través dunha caixiña na que tiñan que meter tantos pompóns como nos indicaba o número, agora ata o 9! É certo que aínda nos custa un pouquiño recoñecelos todos e tamén contar, pero cada neno/a foi facendo ata o número que coñecía, e así imos adaptándonos ao ritmo de cada un. 
























































No hay comentarios:

Publicar un comentario