viernes, 20 de octubre de 2023

Gozando da escola!

Esta semana seguimos con moita actividade! Traballamos a discriminación visual a través dunhas tarxetiñas nas que tiñan que buscar a que era igual. E tamén as habilidades manuais, colocando obxectos seguindo as liñas.

Estivemos traballando tamén o noso nome, aprendendo a recoñecelo e asociándoo á súa foto. Ademais, fixemos maxia e ao pintar con acuarela descubrimos que aparecía o noso nome! Fíxonos moita ilusión!

Tamén estamos preparándonos para a festa á que nos invitou Güino a semana que vén. Cando veu de visita á nosa clase, pediunos que fixeramos unha bandeira, que será a que nos represente como aula, e así o fixemos, pintámola con témpera e abelás! Polas beiras pegámoslle unhas estreliñas. E en vista de que nos gustou, despois tamén pintamos uns cadros para decorar a nosa aula.

E hoxe, antes de ir co profe Javi a psicomotricidade, apagamos as luces e encendemos a lanterna para ver Xcentric cinema, un conto de sombras feito con papel. Viron un montón de imaxes das que despois falamos!!!!

Mirade que semana máis activa!































OS NOSOS NOMES




















A NOSA BANDEIRA







































 

1 comentario: