Esta semana cambiamos algún espazo da aula con novas propostas, neste caso, para traballar as habilidades manuais (colocar os pauiños e despois volver a gardalos, e imitar o modelo con tiza). Isto vainos axudar a mellorar a nosa motricidade, a concentrarnos e a centrar a atención.
Tamén introducimos un puzle novo, no que tiñan que colocar o animal e atopar a súa pel, manchas, lunares...e atopar tamén ese mesmo animal sen eses elementos. Gustoulles moito, pero aínda así, penso que xogaron máis co das sombras.
E hoxe iniciámonos no mundo da lóxica matemática, primeiro buscando as parellas cos policubos (eu poñía un número de policubos e eles tiñan que repetir ese mesmo número deles), e despois cos caracois do outono, tiñan que contar (imos pouquiño a pouco) e despois buscar o mesmo número de puntiños e colocarlle un osiño.
Mirade que ben!!!
Encántame. Xenial
ResponderEliminarGraciñas, Marina!!!!
Eliminar