Esta semana faltaron moitos compis, pero aínda así, na nosa clase non paramos de xogar e seguir aprendendo. Preparamos un novo recunchiño da biblioteca, dada a necesidade que teñen estes pequenos e pequenas de visualizar contos, é algo que lles encanta, e deste xeito están máis accesibles.
Tamén estamos aprendendo a facer puzles máis grandes, necesitamos un pouquiño de axuda, pero pouco a pouco imos avanzando!!!
Temos un espazo novo de lóxica matemática, no que debemos asociar o número coa cantidade. Imos moi pouquiño a pouco (que aínda somos moi pequenos/as) e respectando o ritmo de cada un.
E hoxe, a pesar de que eramos moi pouquiños, fixemos unha receita de plastilina. Díxenlles que tiñan que lembrar os ingredientes para poder contarvos!!!



























































No hay comentarios:
Publicar un comentario