viernes, 10 de noviembre de 2023

MAGOSTO, PEÓN E MÁIS!

 Esta semana estivo chea de actividades! Celebramos o aniversario de Xabi, que xa cumpriu 3 aniños!!!

Nos recunchiños puidemos xogar cos policubos e facer torres colocando o mesmo número de pezas que nos marcaba no folio. Tamén descubrimos o noso nome e buscamos as súas letras. E preparamos un espazo para que poidan recortar. Na asamblea tiramos o dado e cada un foi colocando o número de animais que marcaban os puntos do dado.

Estes días non podemos saír ao patio porque non para de chover, pero desde a aula vimos a saraiba, collemos unha pouca, tocamos e comprobamos que estaba moi fría...

E hoxe, ademais de celebrar o Magosto e o día do Peón (escoitamos tamén o Manifesto do Peón con toda a escola), fixemos un Memory na pantalla que temos na aula, e saiunos moi ben!

Mirade o que ben o pasamos!







































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario