martes, 16 de enero de 2024

PARABÉNS MARTINA

A clase de 4º de Infantil A "os mouchiños" comezamos no blogue, dunha das mellores maneiras, coa celebración do aniversario da nosa compi Martina (a maior da clase) que xa ten 4 aniños.


 Estes días tamén vivimos momentos moi especiais, como coñecer á nosa nova mascota (un moucho das neves), ao que lle puxemos o nome de MOUCHÍN.

 
Mouchín axudounos tamén na introdución dunha nova estación, o INVERNO, 
a continuación poderedes observar algunhas fotos de actividades que realizamos relacionadas coa estación e a canción "Xa chega o inverno" (Iván Vale - kókiti Música) que estamos a aprender e coa que a través da súa letra desenvolveremos diferentes propostas en formato papel.
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario