viernes, 12 de enero de 2024

VOLVEMOS Á ESCOLA!

Esta semana voltamos á escola e a verdade é que estou moi satisfeita de que viñeran tan contentos/as! Non houbo disgustos e si moitas ganas de xogar e de estar cos compis!

As súas maxestades deixáronnos un xogo, Spacio, que nos tivo bastante entretidos estes días. É un xogo para fomentar a orientación espacial a través dos retos que nos ofrecen as cartas que trae. Debían colocar os animais na posición que lles ofrecían as tarxetas.

Tendo en conta que xa empezou o inverno, decoramos unha folerpa de neve e para traballar a motricidade fina, ensartamos boliñas nunha folerpa feita con limpiapipas (esta actividade estivo totalmente supervisada, tendo en conta que as bolas eran pequenas).

Fixemos un novo recunchiño de mates no que tiñan que asociar grafía-cantidade (neste sentido imos moi despacio porque aínda lles custa un pouquiño).

Pero o que máis lles gustou esta semana foi sen dúbida a casiña! 

Mirade canto nos divertimos!!!!
























































































1 comentario: