viernes, 8 de marzo de 2024

8M: Día da Muller

 Esta semana falamos sobre o Día da Muller, e centrámonos na máis especial para eles/as, así que cada neno/a compartiu e expresou o cariño a aquelas mulleres que son moi importantes na súa vida, e os motivos. Sempre me emocionan este tipo de actividades, porque sendo tan pequeniños/as, reflexionan dun xeito admirable, de aí que saíran ideas tan bonitas. Ademais, o centro propúxonos aprender un pouquiño sobre unha muller olímpica e ao nivel de 3 anos tocounos Mireia Belmonte. Visualizamos un vídeo e encantounos saber que nadaba moi ben e moi rápido, e por iso recibiu unha medalla olímpica. Os contos que escollemos para estes días foron Daniela Pirata, El príncipe azul y la princesa rosa e Las princesas también se tiran pedos.

Volvemos a recuperar a ruleta para levar a cabo unha actividade de lecto. Nesta ocasión tiñamos que coller a imaxe que nos tocaba e colocala no recadro según a vogal pola que empezara. A ruleta sempre ten moito éxito, así que estiveron moi entretidos, xogando e aprendendo!

E por último, xogamos con Cubimag Jr, un rompecabezas para reproducir diferentes imaxes ou para facer creacións libres! 








































































No hay comentarios:

Publicar un comentario