martes, 12 de marzo de 2024

PARABÉNS SIMÓN E OLIVIA

Dous mouchiños máis xa teñen 4 aniños, esta vez foron os aniversarios de Simón e Olivia. 

Parabéns peques maiores!

 


 O venres pasado, o 8 de marzo, conmemorouse o Día Internacional da Muller, dende o cole propúxose descubrir a relevancia das mulleres dende o ámbito do deporte e as disciplinas olímpicas nas que acadaron os seus principais logros profesionais. A nós tocounos investigar sobre Mireia Belmonte, da que descubrimos que nada moi rápido e puidemos visualizar como conseguiu unha das medallas olímpicas.

Durante toda a semana tamén falamos moito sobre as mulleres máis importantes das nosas vidas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario