viernes, 5 de abril de 2024

3º TRIMESTRE!

Esta semana xa empezamos o terceiro trimestre! Viñemos con moitas ganas de xogar e divertirnos, así que eso foi o que fixemos. Temos un puzle novo cos números do 1 ao 10, que nos axuda a traballar a memoria visual, a atención ou a concentración, e de paso a lembrar os números.

Outra novidade é o xogo Robot Mix, no que teñen que construir o robot a través dos modelos que nos mostran as tarxetas, e que lles axuda no desenvolvemento da percepción visual e da orientación espacial.

Para traballar a motricidade fina, xogamos cun labirinto que ten un lápis con imán para ir desprazando as boliñas.

E hoxe fixemos maxia para darlle a benvida á primavera, con auga e un vaporizador! Gustoulles moito a actividade! (se chegades ao final...hai un vídeo pequeniño).

Mirade que semana máis activa!





























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario