martes, 9 de abril de 2024

VISITA DE CELIA

A semana pasada volvemos a ter unha visita moi especial, esta vez foi Lara a que nos presentou á súa irmá Celia, que acompañadas polo seu pai, contáronnos algunhas curiosidades de como coidan a Celia.

Moitas grazas familia.



Pero ademais da visita durante a semana tivemos varias actividades, dúas delas moi especiais, motivadas pola chegada da primavera, nunha pintamos un campo de flores (dunha maneira bastante diferente) no que pegamos a palabra PRIMAVERA e noutra fixemos florecer unhas flores de papel cun vaporizador de auga.







Tamén estivemos moi entretidos cun quebracabezas novo de números que nos permitiu realizar distintas actividades, esta foi unha delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario