viernes, 12 de abril de 2024

PRIMAVERA

Esta semana disfrutamos moito do patio da escola, porque por fin chegou o sol! Pero aínda así, deunos tempo de xogar e aprender tamén moito na aula. Preparamos unhas xoaniñas primaverais nas que tiñan que contar e asociar o número de puntos coa grafía que tiñan no folio. E como levamos moito tempo practicando, xa o facemos moi ben!

Colocamos tamén un novo espazo de lecto con flores e animais, no que tiñan que ir colocando as letras. Gústalles xogar coas letras, preguntan o seu nome, o son...e imos avanzando pouco a pouco.

E lembrades a caixiña do Tiger? pois nesta ocasión transformouse nunha caixiña de sons. Por agora con pouquiñas letras, collen unha imaxe e teñen que recoñecer o son polo que empeza. Coas vogais resultoulles moi atractiva a ruleta, que aínda xogan moitísimo con ela e encántalles. Coas consoantes aínda estamos empezando e é un pouco difícil por agora, pero pouco a pouco iremos vendo a evolución.

Os venres sempre vén un neno de Primaria a lernos un conto. Hoxe deunos unha sorpresa Martín, o primo de Mario, que nos trouxo un libro precioso! E a Mario fíxolle moitísima ilusión!
























































No hay comentarios:

Publicar un comentario