martes, 16 de abril de 2024

VISITA DE MARTIÑO

Outro irmanciño visitou a semana pasada a nosa clase, nesta ocasión puidemos coñecer a Martiño, que viu acompañado por Sabela, a súa nai e o seu pai. 

Aínda é tan pequeniño que durmiu todo o tempo que estivo con nós, pero a súa familia nos comentou varias curiosidades de como son os seus coidados e de como lles axuda Sabela.

Moitas grazas familia.



A semana pasada tamén puidemos estrear un xogo novo no patio , como podedes observar nestas fotos.

 
E entre outras actividades dúas das que máis nos motivaron foron o uso de dous novos recunchos: un de aproximación á lectoescritura, no que temos varias tarxetas con vocabulario de flores e outro cun arco da vella no que fomentamos o conteo e a motricidade fina.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario