viernes, 24 de mayo de 2024

CAMPO DE FLORES

 Esta semana, xa que parecía que a primavera non quería chegar, decidimos facer o noso Campo de Flores, seguindo a obra de Hervé Tullet, Diviértete con talleres de arte. Debían seguir as consignas que eu lles ía dando, facer puntos, círculos, cambiar de sitio, deixar caer o pincel... o caso é que disfrutamos moito! E quedou unha obra preciosa!

Tamén fixemos unhas pulseiras primaverais! Gustoulles a idea, e o feito de levalas para a casa fíxolles moita ilusión. Traballamos a motricidade fina, a coordinación e tamén a paciencia, porque ás veces ensartaban por un lado e saíalles por outro. Aínda así, quedaron moi bonitas e case non precisaron da miña axuda!!!















































No hay comentarios:

Publicar un comentario