Os últimos días tamén estiveron marcados por varias celebracións: o aniversario de Fabio, o Día da Familia e o Día das Letras Galegas.
Comezamos a entrada coas fotos de onte, do aniversario de Fabio, que xa ten 4 aniños.
O día 15 de maio, celebrouse o Día da Familia, na nosa clase estivemos a falar do que significa para nós a palabra familia e decoramos unhas bandeiras que formaron parte do mural da entrada ao colexio, no que puideron participar as familias.
Moitas grazas pola colaboración, encantounos.
E o 17 de Maio, celebrouse o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Luisa Villalta. Para adiviñar a quen se lle adicaba, chegounos á clase un sobre cunha pista que nos indicaba que tiñamos que pasar unha serie de probas, convertémonos en detectives e puxémonos a investigar, ata conseguir toda a información.
Tamén participamos na elaboración dun mural coas nosas palabras favoritas en galego e pintamos a Luisa Villalta con acuarelas.












No hay comentarios:
Publicar un comentario